Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desartellan na Coruña unha banda albanesa dedicada ao tráfico de heroína

Desartellan na Coruña unha banda albanesa dedicada ao tráfico de heroína

Os axentes confiscaron varios quilos de heroína e hai oito detidos

G24.gal 09/11/2022 14:15

Unha importante despregadura policial sorprendía os veciños da rolda de Outeiro, unha das zonas máis conflitivas da cidade herculina por mor do narcotráfico.

De madrugada, axentes do Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga da Garda Civil e a Unidade de Delincuencia e Crime Organizado da Policía Nacional irrompía nunha vivenda para facer un rexistro.

Horas antes fixeran outro rexistro noutra vivenda da rúa Santo Tomás, no barrio de Monte Alto.

Tamén se realizaron rexistros, á procura de alixos de droga, en vivendas de Sada e Carballo. Trátase dunha das maiores redadas do ano contra o tráfico de substancias estupefacientes. Os axentes comisaron varios quilos de heroína, unha cantidade indeteminada de haxíx e material supostamente roubado. Amáis, hai oito detidos, todos membros dunha banda albanesa.

Polo momento a investigación segue aberta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade