Cargando resultados...
Volven os problemas coa auga da traída en Malpica
Estará cortada unhas 24 horas para limpar os depósitos

G24.gal
10/11/2022 07:08
O corte na subministración da auga é por unha vertedura incontrolada no río de Vaa, que abastece o punto principal de captación para o concello de Malpica. Fixo necesario proceder á limpeza íntegra dos depósitos.
O alcalde Eduardo Parga emitiu un bando en que explica a situación. Son 23 as parroquias afectadas. Entre elas, o propio centro da vila.
A situación non é nova para os veciños. Xa tiveran problemas coa auga a finais do verán, durante varias semanas, por exceso dunha substancia química que se forma co cloro.