Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gonzalo Navaza ingresa na RAG como membro de número

Gonzalo Navaza ingresa na RAG como membro de número

O escritor e filólogo pronunciou un discurso centrado na toponimia de Lalín

G24.gal 05/11/2022 14:30 Última actualización 05/11/2022 14:59

O filólogo e escritor Gonzalo Navaza ingresou este sábado na Real Academia Galega como membro de número nunha sesión extraordinaria e pública celebrada na sede da institución.

O novo académico pronunciou un discurso titulado Nomes de persoa na toponimia de Lalín, centrado na súa terra natal desde unha perspectiva filolóxica e onomástica, ámbito no que é experto. A resposta deulla o coordinador do Seminario de Onomástica, Antón Santamarina.

Gonzalo Navaza pasa a ocupar a vacante producida polo falecemento do historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández, presidente da RAG durante case unha década.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade