Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda compromete máis solo público industrial onde haxa demanda

Rueda compromete máis solo público industrial onde haxa demanda

Visitou o inicio das obras da futura fábrica de Hijos de Rivera no polígono industrial de Murás, en Arteixo

G24.gal 04/11/2022 21:29

O presidente da Xunta asistiu ao inicio das obras da futura fábrica de Hijos de Rivera no polígono industrial de Murás, en Arteixo.

A cerimonia consistiu en plantar un castiñeiro no terreo que vai albergar a que será a unha das fábricas máis grandes de Europa.

Supón un investimento de 400 millóns de euros co propósito de que na primavera de 2024 xa produza 300 millóns de litros e que, unha vez rematada, chegue ata os 1.000 millóns de litros anuais.

O xefe do Goberno galego coida que a factoría da cervexeira demostra que a política de solo industrial serve para que as empresas medren sen saír do país.

Hijos de Rivera vai ocupar 47 hectáreas deste polígono que o luns licita a terceira fase das catro proxectadas cun investimento total de 105 millóns de euros.

Alfonso Rueda valora positivamente este proxecto. "Creo que imos rematar este ano 2022 cun moi bo balance en solo industrial, en canto a venta por parte de Xestur, por parte da Xunta de Galicia. E se nós podemos vender ese chan iso quere dicir que hai demanda porque hai empresas  que se queren instalar, que o necesitan xa para seguir medrando, polo tanto creo que o balance é positivo, dentro das dificultades que temos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade