Cargando resultados...
Jorge Prado segue progresando no Pro Motocross
G24.gal
06/07/2025 11:32
En Estados Unidos, no campionato de Pro Motocross, Jorge Prado segue dando pasos no bo camiño. Onte logrou un sexto posto
E tivo especial protagonismo na segunda manga, na que liderou a carreira durante varios minutos logo de realizar unha boa saída ede superar nesta manobra a Coty Shock. Jorge Prado aguantou o empuxe dos rivais ata a metade da manga. Finalmente foi o quinto, o sexto no global das dúas carreiras. A pesar dos problemas que segue a ter a súa Kawasaki, cada vez parece máis preto dos mellores.
E o mellor de todos eles volveu ser o australiano Jett Lawrence. Outra vitoria para un piloto que segue invicto en todo o calendario de Pro Motocross.