Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jorge Prado, podio na súa estrea coa KTM no Super Motocross

Jorge Prado, podio na súa estrea coa KTM no Super Motocross

O lugués rematou de terceiro en Anaheim, na proba que abría a temporada

G24.gal 11/01/2026 16:14

Botou a andar o calendario do Super Motocross nos Estados Unidos e fíxoo cun excelente resultado para Jorge Prado na proba disputada en Anaheim, California. 

O lugués subiu ao podio, na terceira posición, logo de realizar a súa mellor carreira desde que deu o salto á competición americana. Gañou a manga clasificatoria e foi o mellor na saída da carreira principal. Tan só se viu superado por Eli Tomac, o gañador, e por Ken Roczen. Prado cruzou a meta na terceira posición e festexou con efusividade ese resultado.

Logo dun ano para esquecer con Kawasaki, o piloto lugués comeza coas mellores perspectivas posibles a súa andaina coa KTM.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar