Cargando resultados...
Primeira vitoria para Jorge Prado nos Estados Unidos
Foi no Ironman de Raceway, o que pecha a temporada de Pro Motocross
Por detrás, os irmáns Lawrence loitaban pola xeral
G24.gal
30/08/2026 17:05
Momento histórico para o motocrós galego. Primeira vitoria nos Estados Unidos de Jorge Prado. Foi no Ironman que pecha o calendario do Pro Motocross. Despois de varios podios, o lucense estreou a súa conta de vitorias. Fíxoo ao grande, logrando o triunfo nas dúas mangas. Por detrás viviuse a loita fraticida entre os dous irmáns Lawrenxe pola vitoria na xeral. Hunter gañoulle a partida a Jett por só dous puntos. Foron tamén protagonistas no día grande de Jorge Prado.