Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un home en Muxía ao bater o seu coche contra un poste da luz

Falece un home en Muxía ao bater o seu coche contra un poste da luz

O condutor do vehículo morreu no lugar do accidente que se rexistrou na Baiuca

G24.gal 01/11/2022 18:13 Última actualización 01/11/2022 20:03

Un home faleceu esta tarde no concello de Muxía ao bater o seu coche contra un poste da luz, segundo informa o servizo de emerxencias de Galicia.

O accidente produciuse na Baiuca e ata o lugar desprazouse un helicóptero medicalizado, aínda que o persoal sanitario só puido confirmar o falecemento do condutor.

Tamén foron mobilizados os Bombeiros de Cee, a Garda Civil de Tráfico de Pontevedra e Protección Civil de Muxía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade