Ibai Gómez deixa o Deportivo pola falta de oportunidades
A piques de facer 33 anos, anunciou que seguirá xogando no Santutxu, o equipo do seu barrio
Nin con Borja Jiménez nin con Óscar Cano. Ibai Gómez abandona o Deportivo pola falta de oportunidades brindadas desde a súa fichaxe o pasado verán, cando el mesmo se ofreceu ao club a través dunha chamada telefónica.
Nunha conferencia de prensa sincera e sen reviravoltas, o futbolista, a piques de facer 33 anos, anunciou que seguirá xogando no Santutxu, o equipo do seu barrio, onde o seu pai é presidente, e logo enfocará a súa carreira cara aos bancos.
"Con Borja xogaba un 40 ou un 60. Pero con Óscar e Elías tiven menos opcións. Dígoo sen rancor. Mario pasa á banda, Peke está a un nivel espectacular, Víctor, Quiles,... Podes cambiar moito, pero ao 100 non vou chegar. Isto unido a que teño un neno pequeno que está en Bilbao e que case non vin...", afirmou durante a súa comparecencia, á que acudiu todo o primeiro equipo, así como Óscar Cano e os seus.
Ibai non cre que fose un erro vir á Coruña e deixa este consello para todo o deportivismo
"Pídolle á xente que confíe porque está todo perfecto para acadar o ascenso"
Onte despedíase con este vídeo:
Por complicado que sea, mi cabeza y mi corazón me piden que es momento de contaros algo… pic.twitter.com/0Rqb78NunT
— IBAI GÓMEZ (@ibaigomez) November 8, 2022
Foi despedido entre aplausos dos seus compañeiros