Publicador de contidos

Publicador de contidos

Naturgy obtén o permiso para desmontar A Medusa da Coruña

Naturgy obtén o permiso para desmontar A Medusa da Coruña

 O almacén de carbón vai ser desmontado en breve do peirao do Centenario, aínda que hai moitos veciños que piden a súa conservación

G24.gal 09/11/2022 12:29

Hoxe está previsto que Naturgy reciba do Concello da Coruña a licenza que solicitou para comezar cos labores de desmontaxe da Medusa, onde durante anos se realizaron as descargas de carbón e cereais para protexer os barrios máis próximos, porque anteriormente realizábanse a ceo aberto.

Tiña un ano para facelo, despois de que a central térmica de Meirama a deixara sen uso en xuño de 2020. O certo é que leva 15 anos no peirao do Centenario e xa forma parte do skyline coruñés, por iso moitas voces levan tempo pedindo que se conserve.

A empresa aínda non ten unha decisión tomada, pero o certo é que recolocala noutro enclave custaría case seis millóns e medio de euros, que se sumarían ao millón de euros que terá que investir a compañía eléctrica para a súa desmontaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade