Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queixas dos veciños do barrio coruñés de Someso polo abandono municipal

Queixas dos veciños do barrio coruñés de Someso polo abandono municipal

Denuncian insalubridade, inseguridade e incumprimentos nun distrito discriminado

G24.gal 04/11/2022 14:21

Os veciños do barrio coruñés de Someso denuncian o abandono que sofren no seu distrito por parte das autoridades municipais dende hai anos. Falan de inseguridade e insalubridade nunha zona con moita poboación pero esquecida á hora de dotala dos servizos máis básicos.

É o distrito do Recinto Feiral, coas súas 7 torres que albergan arredor de 2.000 veciños, a carón da Universidade, onde está ExpoCoruña ou o Coliseum, pero un barrio que quedou a medio executar tras a crise da burbulla inmobiliaria.

No 2020 un proxecto de adecuación do urbanismo á nova realidade viu a luz, pero os veciños non ven os resultados. Falan de abandono e deficiencias variadas. Un carril bici sen mantemento, bocas contra incendios inutilizadas, sucidade, vandalismo, lixo, falta de vixilancia policial; son moitas as queixas dos veciños.

Denuncian a falta de compromiso das autoridades municipais co barrio e din descoñecer a onde foron parar os cartos dos orzamentos cos que xa deberían ter executado na zona, xardíns, fontes ou papeleiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade