Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezan os traballos de demolición dun edificio ruinoso da Coruña

Comezan os traballos de demolición dun edificio ruinoso da Coruña

O Concello xa o declarara en ruína física no 2018

G24.gal 08/11/2022 14:59

Tras algo máis dun ano de espera, comezaron hoxe os traballos de derrubamento dun edificio da rúa Santa Lucía que o Concello xa declarara en ruína física no 2018.

Uns traballos que, segundo os veciños, vanlle poñer fin a unha situación que lles provocaba incomodidades no seu día a día e tamén inseguridade. Porque a finais de outubro do ano pasado, houbo desprendementos que obrigaron a actuar aos bombeiros.

Amais, o mal estado do inmoble e a súa proximidade á rúa obrigaron a cortala e a impedir o paso dos peóns pola beirarrúa.

Os traballos, que terán un custo de algo máis de 112.000 euros e que vai ser asumido inicialmente polo Concello, terán unha duración de dous meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade