Contido con Xeográficas Verín .

Contido con Xeográficas Verín .

Verín


Prisión provisional e sen fianza para o home que lle disparou en Verín á súa exparella

28/05/2025 12:42

O home, informou este mércores o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, está investigado polos delitos de tentativa de homicidio, quebrantamento de medida cautelar e tenza ilícita de armas

O xulgado ourensán acordou tamén agravar a orde de protección acordada polo xulgado de Xinzo de Limia o 26 de xullo de 2024, na que se lle prohibía "non só aproximarse á vítima e comunicarse con ela, senón tamén aproximarse e comunicarse cos seus tres fillos menores"


Continúa en estado grave a muller tiroteada presuntamente pola súa exparella en Verín

26/05/2025 14:08

A muller xa denunciara a súa exparella por malos tratos e estaba no sistema de protección de vítimas de violencia de xénero

Está previsto que este martes pase a disposición xudicial o presunto agresor 

É o segundo caso grave de violencia machista na provincia de Ourense en menos dunha semana


Vivenda da vítima no barrio Primeiro de Maio de Verín

Detido o home que presuntamente lle pegou dous disparos á súa exmuller en Verín

25/05/2025 19:01

A vítima é unha muller de 35 anos que foi ingresada en estado grave no Complexo Hospitalario de Ourense

O agresor é un home de 36 anos natural de Xinzo de Limia 

O home foi detido contra as oito da tarde na comarca de Monterrei

 

 


Rouban dous cabalos e un remolque do club hípico de Verín

22/05/2025 14:28

Os animais subtraídos son dous sementais de pura raza española, un deles está valorado en 30.000 euros pola súa pelaxe exclusiva

Etiquetas:  ROUBOS

Detidas dúas persoas en Murcia acusadas de roubar en seis vivendas de Verín

13/05/2025 12:45

Os roubos cometéronse o día de fin de ano

Tras forzar portas e xanelas, levaron 5.000 euros en efectivo e xoias 


Este vehículo apareceu con raiaduras por todas as partes

Preocupación en Verín por actos vandálicos en coches estacionados en aparcadoiros públicos

08/05/2025 14:32

Din que son continuos, e por iso algúns veciños colocaron carteis para alertar a veciñanza e disuadir os autores

Etiquetas:  VANDALISMO

Quedan en liberdade os oito detidos nun operativo contra o tráfico de drogas en Verín

21/03/2025 16:10

Os arrestados deberán comparecer mensualmente no xulgado e están investigados por tráfico de drogas, branqueo de diñeiro e pertenza a grupo criminal


Unha operación antidroga deixa oito detidos e rexistros en Verín

19/03/2025 13:24

A operación está dirixida polo Xulgado Mixto Número 1 de Verín, que decretou o segredo das actuacións


Ingresa en prisión un home acusado de roubar en seis vivendas en Verín

13/03/2025 10:58

O detido pertence a un grupo criminal dedicado ao roubo en vivendas que se trasladou ata o municipio de Verín, onde tras veren as vivendas obxectivo do roubo e observaren a rutina dos moradores, organizaron os roubos ocorridos o 31 de decembro de 2024

Tras forzaren portas e ventás, accederon ao interior e apoderáronse de 5.000 euros en efectivo, de xoias (pendentes de valoración) e de varios obxectos

Etiquetas:  ROUBOS

Os cigarróns xa corren o Entroido de Verín

23/02/2025 15:08

Unha multitude de visitantes asistiron ao Domingo Corredoiro entre máscaras, látegos e moito ruído de chocas

 

 


Unha adega do Ribeiro aposta pola tracción animal para traballar as viñas

07/02/2025 21:30

Volver aos animais é un método menos invasivo que xa empregan noutras zonas cunha fonda tradición vitivinícola como A Rioxa ou Francia


O neto de Roberto Verino abre a marca ao mundo virtual do metaverso

01/02/2025 14:07

Iago Jover, fillo de Cristina Mariño, quere manter a filosofía da marca creada por seu avó no mundo virtual do metaverso


Hoteis e restaurantes do triángulo máxico esgotan as reservas para o Entroido

19/01/2025 16:13

Os establecementos de Xinzo, Laza e Verín colgan o cartel de completo para as datas grandes da festa

Os cigarróns xa fan soar as súas chocas polas rúas de Verín dende o día de Santo Antón 

En Xinzo a festa grande arranca co petardazo na medianoite do sábado para o domingo fareleiro, o nove de febreiro


Buscan unha banda itinerante que asaltou seis vivendas en Verín

14/01/2025 13:36

Levaron un botín de 5.000 euros en efectivo, xoias e aparellos electrónicos

Actuaron na Noitevella, mentres os donos das casas estaban fóra


A condenada, de 53 anos de idade

Condenada a tres anos de prisión polos incendios que cercaron Verín en agosto de 2022

13/01/2025 11:42

Os dous incendios orixinados os días 3 e 4 de agosto de 2022 na zona de Verín causaron grande alarma tras queimar case un milleiro de hectáreas, en condicións climáticas extremas e chegando a unha vintena de focos

O Ministerio Público reclama 532.655,42 euros pola actuación dos servizos de extinción da Xunta


Mañá xélida en Verín, onde o termómetro rozou os 5 graos baixo cero

16/12/2024 14:29

A comarca de Monterrei rexistraba contra as oito e media da mañá a temperatura máis baixa de Galicia

Acostumados ao frío, este ano chega máis tarde e a friaxe é benvida para, din, poderen facer as matanzas

 


Producen un novo fertilizante natural con xurros porcinos e residuos forestais

30/11/2024 21:27

É un proxecto de investigación que se está a desenvolver en Verín e no que participa unha comunidade de montes local

Está a dar bos resultados para o cultivo da vide ou para a recuperación de solos danados polos incendios


Bota a andar en Verín o novo centro de urxencias e PAC que dará servizo a máis de 40.000 doentes

22/10/2024 14:24

Alfonso Rueda dixo que a Xunta seguirá reforzando os hospitais comarcais de Galicia


(Garda Civil)

Interceptan en Verín un camioneiro que quintuplicaba a taxa de alcol máxima permitida

12/08/2024 12:32

Tras inmobilizarlle o vehículo, o home dixo aos axentes que "ía cear un churrasco" mentres esperaba a que desaparecese a sintomatoloxía


Verín acolle esta fin de semana a Feira do Viño de Monterrei

09/08/2024 21:42

Dezanove adegas teñen posto na feira

Categorías:  Sociedade   Galicia   Verín
Etiquetas:  FESTAS

En setembro entrará en funcionamento o novo edificio de urxencias do hospital de Verín

01/08/2024 14:17

As novas instalacións aglutinan as urxencias hospitalarias e o PAC

A Xunta leva invertido no hospital comarcal un millón de euros


Axente da Garda Civil nunha imaxe de arquivo

Localizan en bo estado o octoxenario desaparecido en Verín dende o venres

20/07/2024 12:35

En Rairiz de Veiga buscan un home de 97 anos con alzhéimer visto por última vez no lugar de Sabariz


Fregueses de Verín concéntranse en apoio ao seu párroco

20/06/2024 14:16

Pídenlle ao bispado que reconsidere a decisión de trasladalo a outra parroquia

"José Antonio non se toca" é o lema que escolleron os seus fregueses para está campaña, que inclúe tamén unha recolleita de sinaturas na plataforma change.org

 

Categorías:  Sociedade   Galicia   Verín
Etiquetas:  PÁRROCO

Cae un tráiler de madeira por unha pista forestal en Verín

31/05/2024 18:26

O condutor do vehículo saíu ileso


Begoña Vázquez, única muller en gañar o Premio Cociñeiro Galego 2024

16/04/2024 14:11

A cociñeira de Verín defende un rural vivo e o produto de proximidade

Etiquetas:  GASTRONOMÍA

Investigan a explosión dun coche de madrugada na estrada que une Verín con Portugal

10/04/2024 15:40

Ata o lugar desprazáronse efectivos do equipo da desactivación de explosivos

Etiquetas:  EXPLOSIÓN

Cae en Ourense unha trama de tráfico ilegal de aves con conexións internacionais e estafados en toda España

15/03/2024 10:46

Un veciño de Verín está detido e outras dúas mulleres da provincia de Ourense están investigadas como cooperantes necesarias

A investigación comezou en 2022 nun criadeiro de papagaios en Allariz

Unha vez feito o primeiro ingreso, o arrestado solicitaba máis cartos aos compradores antes de proceder á entrega da ave, e nalgún caso non chegou a entregar o animal

Os certificados sanitarios das especies eran falsos


Falece un home de 51 anos tras bater o seu coche contra un poste eléctrico en Verín

13/03/2024 08:37

Polo de agora descoñécense as causas do accidente


Cubriranse catro prazas fixas de pediatría en Verín

12/02/2024 13:44

Anunciouno o Conselleiro de Sanidade despois dunha xuntanza coa plataforma pola pediatría



Sábado de Entroido con comparsas, cigarróns, felos e moita sorna

11/02/2024 10:14

Desfile de comparsas que desafiou o tempo na cidade da Coruña

Cigarróns, felos, peliqueiros e pantallas no triángulo máxico de Ourense


Fotograma da campaña 'Ser ou estar'

Verín presume de Entroido nas redes sociais

05/02/2024 20:14

O Concello lanzou unha campaña que xa supera as 250.000 visitas

Baixo o lema 'Ser ou estar', exalta o espírito entroideiro da veciñanza

Categorías:  Sociedade   Galicia   Verín
Etiquetas:  ENTROIDO

Cigarróns e pantallas enchen as rúas de Verín e Xinzo de Limia

04/02/2024 19:15

O domingo corredoiro anuncia a chegada dos días grandes do Entroido


Arrinca o Entroido de Verín

01/02/2024 21:03

Hoxe celébrase o Xoves de Compadres, a primeira cita do Entroido

A medianoite, o maragato sairá en procesión flanqueado por gabardinas e petardos

Etiquetas:  ENTROIDO

O accidente dun camión corta a vía que conecta Verín coa empresa Cabreiroá

15/01/2024 16:11

No lugar do suceso agardan a chegada dun guindastre para poder retirar o vehículo pesado


Moitos dos alumnos e alumnas estana facendo para os seus netos e netas

Obradoiro para aprender a facer a máscara do Cigarrón de Verín

11/01/2024 21:11

Organizado polo Concello de Verín para coidar e preservar a tradición da carauta e do traxe do Cigarrón

Desde outubro un grupo de veciños e de veciñas aprenden a tallar e pintar a madeira e tamén a colocar todos os elementos da máscara guiados por un mestre artesán 

Categorías:  Sociedade   Verín
Etiquetas:  ENTROIDO

Resolto despois de catro anos o crime do lago de Sanabria

23/12/2023 21:06

Un home de 70 anos, residente en Verín, aparecera morto no río Tera en decembro de 2019

A policía portuguesa detivo esta semana tres persoas implicadas no asasinato


Redacta a súa necrolóxica despois de ser dado por morto durante dez días

14/12/2023 22:07

Foi o médico de cabeceira o que lle informou de que administrativamente figuraba como persoa falecida


Xornada dedicada aos cativos no Festival Internacional de curtas de Verín

14/09/2023 14:27

Por primeira vez, o festival conta cunha sección de concurso para as curtas infantís

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 112 resultados.