Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ingresa en prisión un home acusado de roubar en seis vivendas en Verín

Ingresa en prisión un home acusado de roubar en seis vivendas en Verín

O detido pertence a un grupo criminal dedicado ao roubo en vivendas que se trasladou ata o municipio de Verín, onde tras veren as vivendas obxectivo do roubo e observaren a rutina dos moradores, organizaron os roubos ocorridos o 31 de decembro de 2024

Tras forzaren portas e ventás, accederon ao interior e apoderáronse de 5.000 euros en efectivo, de xoias (pendentes de valoración) e de varios obxectos

G24.gal 13/03/2025 10:58

A Garda Civil detivo un home, membro dun grupo criminal dedicado ao roubo en vivendas, como presunto autor de seis delitos de roubo con forza en casas no municipio ourensán de Verín durante o día de fin de ano de 2024.

A operación está dirixida polo Xulgado de Instrución Número 1 de Verín e a Fiscalía Provincial de Ourense. Tras ser posto á disposición xudicial, o individuo ingresou en prisión. A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense, no marco da operación Palmaris OU, detivo un veciño de El Secano (Murcia) por estes feitos.

O detido pertence a un grupo criminal dedicado ao roubo en vivendas que se trasladou ata o municipio de Verín, onde tras ver as vivendas obxectivos do roubo e observar a rutina dos moradores, organizou os roubos ocorridos o 31 de decembro de 2024. Tras forzaren portas e xanelas, accederon ao interior e apoderáronse de 5.000 euros en efectivo, de xoias (pendentes de valoración) e de varios obxectos.

Durante o desenvolvemento da operación, na que colabora a Comandancia da Garda Civil de Murcia, a Garda Civil practica un rexistro na vivenda do detido, onde se incauta de xoias e unha videoconsola que poden estar relacionadas co feitos obxecto de investigación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade