Unha operación antidroga deixa oito detidos e rexistros en Verín
A operación está dirixida polo Xulgado Mixto Número 1 de Verín, que decretou o segredo das actuacións
Axentes da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense (Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga (EDOA), en colaboración coa Unidade Operativa de Vixilancia Aduaneira de Ourense (AEAT), no marco da Operación “FALOPA” desarticulan un grupo criminal dedicado ao tráfico de drogas.
Durante este mércores oito persoas resultaron detidas e practicáronse tres rexistros domiciliarios, nos que os axentes se incautaron 350 gramos de marihuana, 23 gramos de cocaína, 5 gramos de heroína, 16 gramos de haxis, 9 gramos de MDMA, 52 comprimidos de éxtases e opiáceos, 250 gramos de substancia de corte, 4 armas curtas simuladas, útiles para a manipulación e o envasado de drogas, básculas de precisión, teléfonos móbiles, 6.000 euros en efectivo e diversa documentación relacionada cos feitos delituosos.
A Operación comezou a finais do ano 2024, tras ter coñecemento da existencia de varios puntos de venda de droga, en zonas próximas a colexios da localidade de Verín.
A Operación está dirixida polo Xulgado de Instrución número 1 de Verín e o Fiscal Antidroga da Fiscalía de Ourense.