Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan a explosión dun coche de madrugada na estrada que une Verín con Portugal

Investigan a explosión dun coche de madrugada na estrada que une Verín con Portugal

Ata o lugar desprazáronse efectivos do equipo da desactivación de explosivos

G24.gal 10/04/2024 15:40 Última actualización 10/04/2024 16:34

A Garda Civil investiga as causas da explosión dun vehículo esta madrugada no municipio ourensán de Verín.

 Ata o lugar desprazáronse efectivos do equipo da desactivación de explosivos de Pontevedra para analizar o coche a fin de poder determinar as causas do estoupido. O Instituto Armado non descarta ningunha hipótese en relación coa deflagración.

Os feitos producíronse de madrugada na rotonda de Queizás na N-532, que comunica a localidade ourensá coa fronteira con Portugal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade