Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Ourense .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Ourense .

Ourense

Xornadas sobre o programa 'Coñecendo as emocións' de Afundación

29/02/2024 15:17

Está pensado especificamente para maiores de 60, para axudalos a afrontar os retos desa etapa vital


Denuncian o mal estado do firme da N120 entre Monforte e Ourense

28/02/2024 15:58

Os condutores din que o peor treito son os 11 quilómetros que hai entre o Alto da Guítara e os Peares


Un estudante ourensán representa o rei e a princesa Leonor como peregrinos

27/02/2024 14:42

Serxio Álvarez Román, de 14 anos, quedou finalista do concurso 'Que é un rei para ti?'

O próximo luns será recibido por Filipe VI en Madrid


A chuvia derruba a ponte de Xunqueira de Espadanedo

26/02/2024 19:31

A infraestrutura xa estaba en obras e cortada ao tráfico

A Xunta mantén activo o Inungal en sete ríos


Elenco da compañía Sarabela

'O dragón de ouro' de Sarabela reflexiona sobre a emigración ilegal e a prostitución

23/02/2024 14:52

É a primeira vez que se leva ao teatro galego unha peza do dramaturgo alemán Roland Schimmelpfennig

O dragón de ouro conta coa colaboración do Instituto Goethe na tradución de Catuxa Pato

A obra en Ourense ata o domingo e despois xirará por Negreira, Narón, Celanova, Neda, Outes, Ribeira e A Cañiza

Etiquetas:  ZIGZAG

Protesta agrícola en Lugo, este martes

Os tractores bloquean os accesos a Galicia e irrompen nas cidades

20/02/2024 08:47

Unha trintena de tractores retardan o tráfico na N-6 en Pedrafita e na N-525 na Gudiña

Uns 300 tractores complican o tráfico en Lalín, e medio cento en Lugo, Santiago, Ourense ou A Coruña

A Xunta: "Pedimos unha moratoria das trabas burocráticas da PAC que asfixian o agro"


Comeza en Ourense o xuízo polo crime da moza Nerea Añel en 2020

19/02/2024 08:46

A Fiscalía de Ourense e a acusación particular piden 14 anos de prisión para o único acusado, que foi parella da vítima, por un suposto delito de homicidio

O tráxico suceso tivo lugar o 15 de xaneiro de 2020, cando a moza acudiu a un motel de Barbadás na compaña do que era entón o seu compañeiro sentimental

Logo dun presunto furto e durante a fuxida, a moza sufriu unha caída que lle produciu un grave traumatismo craniovertebral, tras o cal morreu, pero o home non solicitou axuda e abandonou o corpo


Un estudo científico para incorporar a auga termal á gastronomía

17/02/2024 21:39

No proxecto traballan o cociñeiro ourensán con estrela Michelin Miguel González, a Universidade de Vigo e mais o INORDE


Acordoan a rúa do Paseo de Ourense por desprendementos de cascallos da cúpula do antigo hotel Miño

15/02/2024 14:17

Por fortuna non se rexistraron danos persoais

Os técnicos avalían a situación por se houbese risco de máis desprendementos


Sábado de Entroido con comparsas, cigarróns, felos e moita sorna

11/02/2024 10:14

Desfile de comparsas que desafiou o tempo na cidade da Coruña

Cigarróns, felos, peliqueiros e pantallas no triángulo máxico de Ourense


O Entroido sae ás rúas de Ourense desafiando as previsións de chuvia

09/02/2024 16:27

Moitos dos desfiles houbo que suspendelos e outros aprazalos para a próxima semana


Os tractores abandonan as rúas de Ourense

08/02/2024 14:33

Tomaron a decisión despois de reunirse co representante do fondo galego de garantía agraria


Falece aos 76 anos Miguel Ángel, lenda ourensá do Real Madrid

06/02/2024 11:46

O exporteiro anunciou en 2022 que padecía ELA

Miguel Ángel xogou 346 partidos en 18 temporadas no Real Madrid

Coa selección estivo no Mundial da Arxentina de 1978 e no España 1982

Categorías:  Ourense   Deportes   Fútbol
Etiquetas:  REAL MADRID

Olimpíada de novos talentos informáticos en Ourense

03/02/2024 15:02

Estudantes de 15 centros de toda Galicia compiten na Olimpíada de Informática

Teñen que resolver varios problemas nun tempo limitado

Os dous gañadores conseguen o pase para o certame nacional


Un proxecto piloto para previr a contaminación das augas mineromedicinais chega ao balneario de Laias

01/02/2024 16:07

O proxecto estará rematado a finais do 2026

O sistema contempla posibles solucións para problemas que poidan detectarse nas augas


Xoves de Compadres en Ourense

01/02/2024 14:09

Esta mañá celebrouse a tradicional liorta entre compadres e comadres

Os nenos arrebatan ás nenas os mecos


O xuíz decano de Ourense sae ileso dun intento de roubo con pistola no centro da cidade

29/01/2024 20:46

 O xuíz resistiuse e mesmo forcexou ata que o atracador fuxiu sen levar nada

Categorías:  Ourense   Galicia   Sucesos
Etiquetas:  ROUBOS

Arquivado o caso do presunto crime da comisaría de Ourense por falta de probas

29/01/2024 12:49

A Audiencia Provincial non ve "indicios suficientes" para atribuír a morte dun axente aos xemelgos investigados, tamén policías

O tribunal considera que o único indicio de morte violenta do policía por acción dunha terceira persoa é "controvertido"

A resolución é firme e non cabe recurso


LoRa, unha rede para localizar persoas perdidas onde non hai cobertura

27/01/2024 20:59

O dispositivo permite xeolocalizar e pedir axuda en zonas onde non funciona o móbil

O proxecto de investigación da Escola de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Vigo xa se puxo en marcha cunha ducia de veciños de Toén


Pablo e Raquel Freire Fernández, gañadores da Olimpíada Matemática de Galicia, este xoves nunha entrevista en 'A revista' da TVG

Dous irmáns de Ourense, os mellores de Galicia en matemáticas

25/01/2024 14:06

Lograron os dous primeiros postos no podio na fase galega da Olimpíada


O sector da automoción vive un momento complicado pola suba de prezos e de tipos

23/01/2024 14:00

En Ourense debaten os retos que pasan por abaratar os prezos, aumentar os incentivos e construír máis puntos de recarga para coches eléctricos


Alumnos nunha aula do seminario

O Seminario Menor de Ourense abre a matrícula ás mulleres

22/01/2024 20:36

A partir do próximo curso, as mulleres poderán estudar no seminario menor de Ourense

Unha iniciativa con que pretenden renovar o modelo educativo e abrirse ao conxunto da sociedade

Dispoñen de 120 prazas para ESO e bacharelato


Feijóo en Ourense este sábado. EFE/Brais Lorenzo

O PP apoia a Rueda en Ourense como "garantía" de "cohesión territorial"

20/01/2024 20:13

O PP celebra a súa 26ª Interparlamentaria en Ourense e na apertura Cuca Gamarra asegurou que os socialistas van "cambiar Suresnes por Waterloo"

Desde o PP galego, Paula Prado referiuse á deslealdade da oposición en relación cos pellets


Susto no barrio das Camelias de Ourense por un incendio nunha vivenda

19/01/2024 12:31

Os inquilinos non estaban no interior nese intre e o incendio quedou pronto controlado


Adif avanza na variante exterior de Ourense coa montaxe do taboleiro do viaduto

18/01/2024 19:35

O viaduto ten 356 metros de lonxitude e 43 de altura, cos que sortea a estrada N-525 e o río Barbaña


Desartellada unha 'narcocasa' no barrio ourensán das Eiroás

17/01/2024 15:29

Os veciños vivían con medo dende hai máis dun mes 

A policía detivo os seus responsables, pendentes de pasar a disposición xudicial 


Escasean as prazas de aloxamento en Ourense para o Entroido

16/01/2024 20:54

Os hoteis da zona vella xa están completos para os días grandes

Categorías:  Ourense   Sociedade
Etiquetas:  TURISMO   ENTROIDO

Axudas de ata 4.600 euros para cambiar os coches de máis de dez anos

14/01/2024 15:22

As axudas poderán solicitarse ata o 30 de setembro

O obxectivo é mandar a despezar os coches de máis de dez anos


Xornada de esquí e neve en Manzaneda con dezaoito pistas abertas

13/01/2024 15:26

O vento atrasou a apertura das telecadeiras

Durante a fin de semana contan con autobuses para facilitar os desprazamentos dentro da estación


Un de cada catro ourensáns non usa Internet

09/01/2024 14:06

Un de cada catro ourensáns non usa Internet. Tanto no rural como na capital confirman ese dato do

Un ano do falecemento de dúas mulleres nun incendio nun piso no barrio ourensán de Covadonga

08/01/2024 13:41

Os veciños, conmocionados, manteñen o seu recordo

As reformas nas vivendas comezaron o verán pasado

Etiquetas:  INCENDIO

Os balnearios suman reservas para celebrar a Noitevella

29/12/2023 21:31

Moitos balnearios da provincia están xa practicamente ao completo

Categorías:  Ourense   Sociedade

Sen data de apertura para a praza de abastos de Ourense

28/12/2023 14:05

Malia que a rehabilitación do inmoble rematou, os praceiros din que quedan pendentes varias actuacións importantes

Queren unha zona de carga e descarga axeitada, comunicación co aparcadoiro e mellor accesibilidade

Piden ademais saber as condicións para poder facer un plan de realoxamento


Brutal liorta colectiva nas celebracións de Noiteboa en Ourense

26/12/2023 11:05

Unha persoa quedou ferida polo enfrontamento


Recreación da igrexa de San Pedro de Moreiras, en Toén

En Ourense apostan por manter viva a tradición dos beléns

25/12/2023 20:56

O ourensán Emilio Cid leva anos creando nacementos onde as escenas bíblicas conviven coas tradicións e os monumentos galegos

Categorías:  Ourense   Sociedade
Etiquetas:  NADAL

Papa Noel visita os nenos hospitalizados no CHUO

25/12/2023 14:05

Pasar o Nadal no hospital non é doado e menos para os máis pequechos da casa. Para que, malia as

A Xunta investirá 9,6 millóns de euros en bonos axuda para os autónomos

21/12/2023 16:00

Esta medida podería beneficiar unhas dez mil persoas

Xunto á cota cero, hai outras axudas que elevarían ata os 8.600 euros as achegas que poden percibir os novos autónomos


Piden melloras na seguridade dun paso en Ourense en que houbo un atropelo mortal

21/12/2023 13:46

Tras nove meses do suceso, o perigoso paso continúa nas mesmas condicións


Na exposición pódense ver nacementos de América, Europa, África e Asia

Unha volta ao mundo a través dos nacementos de catro continentes

20/12/2023 21:06

O bispado de Ourense acolle ata o vindeiro 5 de xaneiro a exposicións Beléns do mundo, no corredor da planta baixa 

Unha mostra con máis de medio cento de beléns que foron traendo os misioneiros ourensáns que viaxaron polos diferentes continentes

Como novidade hai unha colección de 14 conxuntos de Asia que cedeu o veciño de Trives Berardo Araújo

Categorías:  Ourense   Sociedade
Etiquetas:  NADAL

Morre en Ourense unha muller de 42 anos no incendio da súa casa

20/12/2023 13:38

A muller morreu intoxicada polo fume sen poder moverse da cama

Estaba impedida dende que no 2020 sufriu un ictus e convivía co seu home, que ten síndrome de Dióxenes

A familia quere saber se houbo unha neglixencia

Publicidade
Publicidade