Unha volta ao mundo a través dos nacementos de catro continentes
O bispado de Ourense acolle ata o vindeiro 5 de xaneiro a exposicións Beléns do mundo, no corredor da planta baixa
Unha mostra con máis de medio cento de beléns que foron traendo os misioneiros ourensáns que viaxaron polos diferentes continentes
Como novidade hai unha colección de 14 conxuntos de Asia que cedeu o veciño de Trives Berardo Araújo
Desde este semana xa se pode visitar no bispado de Ourense a súa tradicional exposición de Beléns do Mundo. Unha mostra para coñecer como representan con diferentes materias e cores o nacemento de Xesús noutros países e culturas.
Algúns dos escolares da cidade de Ourense xa visitaron a mostra Beléns do mundo que cada Nadal se expón na sede do bispado.
Ao longo destes anos os misioneiros ourensáns foron recollendo polo mundo os nacementos e o bispado xa conta cunha colección de máis de 150. Este ano amosan 57 beléns de países de América, Europa, África e Asia.
Como novidade, este ano un veciño de Trives cedeu 14 conxuntos de Asia, con nacementos do Xapón, Rusia ou as Filipinas.
Beléns diminutos, outros feitos con miga de pan ou con tagua de Ecuador, unha volta ao mundo pola tradición da representación do nacemento de Xesús.