Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sen data de apertura para a praza de abastos de Ourense

Sen data de apertura para a praza de abastos de Ourense

Malia que a rehabilitación do inmoble rematou, os praceiros din que quedan pendentes varias actuacións importantes

Queren unha zona de carga e descarga axeitada, comunicación co aparcadoiro e mellor accesibilidade

Piden ademais saber as condicións para poder facer un plan de realoxamento

G24.gal 28/12/2023 14:05

Case cinco anos despois, segue sen haber data de apertura para a praza de abastos de Ourense. Os praceiros, localizados nun mercado provisional, piden ao Concello de Ourense unhas actuacións que son imprescindibles, din, para poder trasladarse.

Para os praceiros, malia que xa non hai movemento de obras, a praza de abastos de Ourense aínda non está rematada. A rehabilitación do edificio está rematada pero a contorna está sen urbanizar. Queren ademais unha mellor accesibilidade para o edificio, unha zona de carga e descarga axeitada e comunicación co aparcadoiro da alameda.

E así, din, con tantas eivas non poden facer un plan de realoxamento. Queren coñecer ademais cales son as condicións das concesións e que o concello constrúa e dote de infraestruturas aos postos.

Case medio cento de praceiros traballan neste mercado provisional situado no medio da alameda de Ourense, ocupando un espazo público emblemático da cidade. Dende a xerencia da praza de abastos piden poder sentar co goberno local para negociar o traslado en condicións e para solucionar os problemas.

Dende o Concello de Ourense non deron resposta aos plans que teñen para esta praza pechada hai cinco anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar