Publicador de contidos

Publicador de contidos

Escasean as prazas de aloxamento en Ourense para o Entroido

Escasean as prazas de aloxamento en Ourense para o Entroido

Os hoteis da zona vella xa están completos para os días grandes

G24.gal 16/01/2024 20:54 Última actualización 16/01/2024 21:53

Os días grandes do Entroido en Ourense arrincan a golpe de xoves, o de Comadres. Unha cita que empezou a celebrarse hai uns vinte anos e que se foi popularizando en cada nova edición. Elas, as comadres, son as máis madrugadoras pero a actividade continúa ata o Mércores de Cinza con comidas e ceas sobre todo a base de cocido.

María Pérez, Gastrobar Zazú: "A xente está moi animada xa, co cocido, temos moitas reservas. Esperamos que saia todo ben".

Tamén os hoteis están colgando xa o cartel de completo para os días fortes aquí na cidade, o sábado e o luns.

Luis Miguel Esteves, Hotel Novo Cándido: "Estamos completos xa desde hai semanas. Temos tamén afluencia de xente de fóra, polo AVE".

Falta case un mes, pero as os máis previsores xa levan tempo facendo reservas, pola experiencia de anos anteriores.

Carlos Vázquez, Hostal Lido: "Coma todos os anos, a xente empeza a chamar xa con dous meses de antelación. Este ano xa estamos completos, salvo que haxa anulacións".

Veñen fundamentalmente doutros puntos de Galicia con menos tradición de Entroido.

Luis Miguel Esteves, Hotel Novo Cándido: "Normalmente é xente que non pode hospedarse en Xinzo e demais e veñen para aquí. Pero aquí tamén se celebra e está moi ben".

Os primeiros en completar as prazas son os hoteis da zona vella, os máis próximos á festa, pero os das aforas contan con chegar ao cen por cento nos días previos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade