Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous irmáns de Ourense, os mellores de Galicia en matemáticas

Dous irmáns de Ourense, os mellores de Galicia en matemáticas

Lograron os dous primeiros postos no podio na fase galega da Olimpíada

Pablo e Raquel Freire Fernández, gañadores da Olimpíada Matemática de Galicia, este xoves nunha entrevista en 'A revista' da TVG
G24.gal 25/01/2024 14:06

Raquel cursa segundo de bacharelato e Pablo, terceiro de ESO. A estes dous irmáns Freire Fernández úneos tamén o coñecemento matemático. Lograron os dous primeiros postos no podio na fase galega da Olimpíada. Raquel xa sabe o que estar na seguinte rolda.

"É curioso cando alguén che pregunta 'e que gañaches?'. Pois a recompensa por facer un exame moi difícil e competindo con xente moi preparada. E se sae mellor, pois aínda máis complicado", Raquel Freire Fernández, medalla de prata na Olimpíada Matemática en Galicia.

"Apréndenos as matemáticas cun enfoque distinto e moi bonito; non esas operacións interminables que nos poñen no instituto", di Pablo, que logrou a medalla de Ouro.

Estudan no instituto público das Lagoas, en Ourense. Pero satisfán toda a súa inquietude matemática no proxecto Estalmalt da Universidade compostelá.

Carlos Ferreiro, profesor de matemáticas no IES As Lagoas de Ourense, explica: "Eles adéstranse sen problemas, que son moi distintos aos que adoitan facer en ESO e bacharelato, con estratexias moi creativas, moi persoais".

Con el adéstranse para as probas que lles agardan no concurso nacional en Calatayud. Será un evento similar a este celebrado en Ourense en 2019. Tamén logrou o pase o redondelán David Lago para esa competición prevista en marzo:

"Vai consistir nun exame de resolución de problemas máis difícil que a fase galega, porque participa xente moito máis preparada", di Pablo.

E que, ademais teñen un coñecemento e concepto das matemáticas que sae do normal:

"A concepción que a xente ten das matemáticas é facer contas e contas sen ningún tipo de motivación detrás. Realmente, as matemáticas son estruturas e formas de pensar que podes aplicar para case calquera cousa, e a partir de aí aprender comportamentos de certos tipos de problemas ou saber máis ou menos o que vai pasar a continuación", conclúe Raquel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade