Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un de cada catro ourensáns non usa Internet

Un de cada catro ourensáns non usa Internet

G24.gal 09/01/2024 14:06

Un de cada catro ourensáns non usa Internet. Tanto no rural como na capital confirman ese dato do Instituto Galego de Estatística.

O avellentamento da poboación é a causa de que a provincia de Ourense sexa na que menos empregan Internet no país. É o que nos contestan hoxe tanto na cidade de Ourense como en varias aldeas á pregunta de se usan Internet. Que non o usan, que nin saben e que non lles interesa porque non lles fai falta ou axúdanlles os máis novos da casa.

Detrás desta dato de que en Ourense é onde menos Internet se usa en Galicia, está o problema de avellentamento que sofre a provincia.

E cando lle preguntamos a Castor se non botou de menos un GPS ensínanos os mapas, obxectos xa case de museo. E explica o truco infalible de antes para chegar aos sitios.

Non poden comprender unha vida sen Internet os máis novos. Pero tamén atopamos maiores de 65 anos que se manexan moi ben nas redes. E hai quen si ten un teléfono intelixente, pero non sabe usalo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos