Cargando resultados...
Un ano do falecemento de dúas mulleres nun incendio nun piso no barrio ourensán de Covadonga
Os veciños, conmocionados, manteñen o seu recordo
As reformas nas vivendas comezaron o verán pasado
G24.gal
08/01/2024 13:41
O 7 de xaneiro do 2023 falecían Valentina e Edilma, nun incendio no 3ºG dun bloque de vivendas de promoción social do barrio ourensán de Covadonga. Os veciños, conmocionados, manteñen o seu recordo.
Os restos das dúas vítimas do incendio foron trasladados á República Dominicana e ao Brasil, de onde eran naturais. Un ano despois o piso segue en obras.
Teñen problemas dende que entraron a vivir nos pisos, tras moitas queixas, o pasado verán comezaron obras de mellora custeadas pola Xunta.
A empresa que executa as obras di que esta semana estarán rematadas e que van quedar solucionados todos os problemas.