Cargando resultados...
O xuíz decano de Ourense sae ileso dun intento de roubo con pistola no centro da cidade
O xuíz resistiuse e mesmo forcexou ata que o atracador fuxiu sen levar nada

G24.gal
29/01/2024 20:46
O xuíz decano de Ourense, Leonardo Álvarez, foi vítima este luns dun intento de roubo no centro da cidade, onde foi abordado por un home que o ameazou cunha pistola.
O suceso produciuse na zona vella cando o xuíz decano saía dun local hostaleiro e camiñaba pola rúa.
Foi entón cando un individuo que ía en moto lle apuntou por detrás co que, "a priori parecía unha arma de fogo", e esixiulle que lle dese o reloxo.
O xuíz resistiuse e mesmo forcexou con el, ata que, finalmente, o atracador fuxiu sen levar nada. Tampouco houbo danos persoais.