Susto no barrio das Camelias de Ourense por un incendio nunha vivenda
Os inquilinos non estaban no interior nese intre e o incendio quedou pronto controlado

Susto no barrio das Camelias de Ourense por un incendio nunha vivenda.
Pasadas as nove da mañá deste venres, un viandante alertaba os servizos de emerxencia de que saía fume no cuarto piso dun antigo edificio.
Os bombeiros e as policías Nacional e a Local chegaron axiña. Tamén unha ambulancia. Ante o temor de que houbese alguén dentro, os bombeiros cunha escaleira accederon á vivenda escachando o cristal do balcón.
Por fortuna, os inquilinos non estaban no interior nese intre e o incendio quedou pronto controlado. Aínda non transcenderon as causas do lume, que se están a investigar.
A veciñanza leva tempo queixándose de altercados e actividades ilícitas neste edificio.