Contido con Xeográficas .
Pedrafita Do Cebreiro

Preocupación pola acumulación de incidencias na A-6 e no desvío alternativo
22/10/2023 14:32
O firme no treito lucense desta autovía está moi deteriorado e precisa dunha reparación
No que vai de ano houbo sete accidentes, un deles mortal

Dous incidentes bloquean a circulación na A-6 en Becerreá e no desvío provisional do Castro
20/10/2023 10:36
Os equipos de mantemento buscan unha solución para permitir a circulación tras o desprendemento de Becerreá
Dous camións bateron e bloquearon o desvío habilitado para circular pola derruba dos viadutos do Castro
A Xunta reclama “un plan extraordinario” de conservación para a A-6

Comezan as escavacións para levantar o segundo viaduto da A-6 en Pedrafita
02/10/2023 14:12
O Ministerio de Transportes quere ter esta ponte lista para o Nadal e utilizala para os dous sentidos da circulación

Un accidente mortal volve abrir o debate sobre a seguridade do desvío pola derruba na A-6
18/09/2023 13:40
A Xunta e transportistas demandan ao Goberno central unha alternativa viable e segura á actual pola N-VI

Falece o condutor dun tráiler nun accidente no límite entre Lugo e León
16/09/2023 10:38
O sinistro foi no quilómetro 430 da estrada N-6, no concello de Vega de Valcarce, lindeiro con Pedrafita do Cebreiro

Un ferido grave nun atropelo intencionado na proba ciclista maratón dos Ancares
06/08/2023 18:29
Un condutor fixo caso omiso ao alto dun traballador, que precisou o traslado en helicóptero ao Hospital de Lugo
Nesta edición dos Ancares Cycling Maratón participou o italiano Claudio Chiappucci, podium no Tour de Francia e no Giro de Italia nos 90, canda, entre outros, os trialetas Gómez Noya e Iván Raña

Investigado por roubar 61 toneladas de restos da demolición dos viadutos da A6
12/07/2023 14:48
Un empregado da reconstrución da vía levaba máis dun ano collendo de alí o material sen autorización

A reconstrución dos viadutos da A6 custará case 70 millóns de euros
27/06/2023 10:29
O Ministerio de Transportes ampliou a declaración de emerxencia das obras para facelas nos dous sentidos de xeito simultáneo

O Goberno di que as obras do viaduto do Castro na A-6 rematarán este ano
07/06/2023 13:00
No sector do transporte falan de perdas millonarias nestes doce meses

Un accidente entre dous camións bloqueou durante máis de dúas horas a circulación en Pedrafita
26/05/2023 10:24
Tráfico logrou abrir un paso alternativo para evitar o colapso do tránsito de entrada e saída de Galicia ata que xa se logrou recuperar a normalidade na N-VI
A vía emprégase como desvío desde a derruba hai máis dun ano do viaduto do Castro na Autovía do Noroeste

Xunta e transportistas urxen unha solución completa para a A-6 en Pedrafita
03/05/2023 14:38
Transportistas piden cambios nos desvíos para camións e a construción en paralelo dos dous viadutos
A Xunta convocará axudas para crear zonas de descanso para transportistas

Nevou en cotas superiores aos 1.000 metros
13/04/2023 13:51
Rexistráronse temperaturas baixo cero, en contraste co tempo solleiro dos últimos días

A Festa do Queixo do Cebreiro bateu todas as marcas de asistencia grazas o tempo solleiro
07/04/2023 13:53
Ademais do queixo, houbo artesanía e produtos da terra

A Xunta reitera que a reparación dos viadutos da A-6 debería ser en paralelo
25/03/2023 14:16
Considera que o Executivo actúa en función de criterios políticos
Mantén que se a obra afectase outra comunidade, o Goberno estaría máis implicado

Restablecida a circulación en ambos os sentidos na nacional VI en Pedrafita
19/03/2023 14:42
O camión que sufriu un accidente que afectaba a vía xa foi retirado
Usuarios e veciños da zona piden urxencia nas obras da autovía para recuperar a normalidade

Un accidente deixa un tráiler pendurando nun noiro da N-6, preto de Pedrafita
17/03/2023 12:34
O suceso produciuse tras un accidente de tráfico no que se viron implicados dous camións e un turismo que terminou con dous feridos leves

A Xunta esíxelle a Transportes a construción dos dous taboleiros do viaduto da A-6 á vez
26/02/2023 19:42
A conselleira de Infraestruturas advirte de que se trata dunha infraestrutura "estratéxica" para Galicia polo que non se pode admitir que o sentido A Coruña non estea rematado ata 2028

Apurando a neve no Cebreiro nun domingo solleiro e frío
26/02/2023 13:32
Os turistas achéganse á montaña luguesa buscando a neve

A neve cubriu de branco o centro e a zona da montaña na provincia de Lugo
25/02/2023 20:35
Desta volta non afectou ás estradas, malia que condicionou a circulación no Fiouco

Derruban de xeito controlado parte do viaduto do Castro, na A-6, en sentido Madrid
03/02/2023 10:42
Hai dous días comezou a desmontaxe desta parte da ponte
O Ministerio de Transportes ten previsto realizar a demolición dos dous vans e despois da pía intermedia, para poder construír unha nova ponte nesta parte da A-6 en sentido Madrid

O viaduto do Castro, na A-6, terá que ser reconstruído por completo nos dous sentidos da circulación
02/02/2023 14:31
Algúns dos piares da estrutura non valen. O delegado do Goberno di que este contratempo non cambia os plans do Goberno de reabrir o viaduto sentido Madrid este ano
Este xoves comezaron os traballos de desmontaxe dos taboleiros

O Ministerio de Transportes comeza a desmontar o viaduto do Castro, na A-6
01/02/2023 18:08
Os traballos están encamiñados á construción do novo viaduto en sentido Madrid

A neve atrae multitudes a Manzaneda e Pedrafita do Cebreiro
28/01/2023 14:53
Xeadas xeneralizadas e sete graos baixo cero nas zonas altas de Ourense

A neve permanecerá a fin de semana nas zonas altas sen novas precipitacións
27/01/2023 14:17
Nas zonas de montaña as nevaradas aínda poden caer ata a media tarde de mañá sábado

Cabeza de Manzaneda mantén pechadas as pistas de esquí a fin de semana
20/01/2023 20:02
Moitos visitantes gozan da neve que queda na montaña de Ourense e de Lugo, sen aglomeracións

Non digas *copos de neve #DígochoEu
20/01/2023 10:00

Auxilian un condutor atrapado e varios camións en problemas pola neve en Pedrafita
18/01/2023 16:35
As fortes nevaradas tamén sorprenderon un grupo de peregrinos na zona

Primeira nevarada deste inverno en Pedrafita do Cebreiro
15/01/2023 19:34
A neve comezou a callar pola noite, coa baixada de temperaturas
As zonas altas, tinguidas de branco, enchéronse de visitantes

O Cebreiro amence cuberto de branco tras a primeira nevarada do inverno
15/01/2023 14:41
Comezaron caer as folerpas pola noite, coa baixada das temperaturas
O vindeiro martes a cota podería descender ata os 600 metros

Chegan as primeiras nevaradas do inverno á montaña de Lugo e Ourense
15/01/2023 10:00
Os fortes ventos deixan refachos de máis de 130 quilómetros por hora en Muras

Agárdase para esta noite a primeira nevada do inverno na montaña de Lugo
14/01/2023 19:33
Podería callar a partir dos 800 metros de altitude

O remate da ponte festiva deixa neve no Cebreiro e Manzaneda
11/12/2022 09:44
Precaución para circular polas zonas de alta montaña

A Xunta require máis información sobre o colapso do viaduto da A-6
19/11/2022 19:58
Unhas obras en 2013 xa advertían de que os materiais estaban moi deteriorados

17/11/2022 10:05
Isabel Martínez sostén que "cando hai un accidente sempre é por varias causas, non por unha soa"

Todo o tráfico da A-6 volve circular polo centro de Pedrafita
16/11/2022 14:37
O Goberno mantén a ruta polo Barco de Valdeorras, pero este desvío será voluntario e só no caso de que a neve obrigue a pechar a estrada de Pedrafita
O desvío provisional a saída do túnel só o usarán os turismos que circulen dirección Madrid

Os camións volven circular polo centro de Pedrafita
15/11/2022 21:09
O desvío provisional pechouse pola folga de transporte o pasado domingo
Os camioneiros din que volver ao desvío será perigoso cando neve, e o delegado do Goberno convocounos o xoves para falar do tema

O Goberno dá a coñecer este martes as causas da derruba do viaduto da A-6
14/11/2022 13:01
O Ministerio de Transportes convoca aos gobernos de Galicia e Castela e León para analizar o cronograma de reconstrución

Os camións non poderán circular por Pedrafita nos días de neve
13/11/2022 20:33
Os vehículos pesados terán que desviarse polo corredor do Sil nas nevaradas
O traxecto incrementa unha hora a duración e 52 quilómetros a distancia

O transporte ameaza con mobilizarse se os obrigan a acceder á meseta por Ourense
20/10/2022 14:09
Tampouco ven viable circular en inverno polo novo desvío da A-6 en Pedrafita
Piden que lles deixen atravesar de novo polo pobo e usar a N-VI