Cargando resultados...
Restablecida a circulación en ambos os sentidos na nacional VI en Pedrafita
O camión que sufriu un accidente que afectaba a vía xa foi retirado
Usuarios e veciños da zona piden urxencia nas obras da autovía para recuperar a normalidade
G24.gal
19/03/2023 14:42
Última actualización 19/03/2023 15:20
O camión xa foi retirado, pero deixou a súa pegada no lugar. Se non fose polas placas de contención que suxeitan a estrada acabaría espetado contra a casa de Leopoldo.
Este veciño do Castro, pertencente ao concello leonés de Vega de Valcárcel, vive xusto debaixo da N-VI e ao pé da antiga estrada nacional. Comenta que a raíz de esboroarse a autovía volveron circular os vehículos pola zona. Entende que a solución debera ser outra e máis rápida.
Agora a circulación pola N-VI xa está restablecida, logo de que pola noite se cortara a vía para retirar cuns guindastres o camión accidentado.