Publicador de contidos

Publicador de contidos

A neve atrae multitudes a Manzaneda e Pedrafita do Cebreiro

A neve atrae multitudes a Manzaneda e Pedrafita do Cebreiro

Xeadas xeneralizadas e sete graos baixo cero nas zonas altas de Ourense

G24.gal 28/01/2023 14:53 Última actualización 28/01/2023 17:12

Imaxes de postal de Nadal en Pedrafita do Cebreiro, en Lugo, que dende primeiras horas desta mañá comezou a recibir visitantes para gozar da presenza da neve. Despois de que este xoves a autovía A-6 sufrira cortes pola nevarada, moitas familias decidiron achegarse este sábado ata o lugar, que aínda conservaba unha xenerosa capa de nevisca.

Os tres graos negativos que se rexistraron de noite na zona e que xa co día superan os dous graos por pouco, non arredaron os máis valentes, que, ben provistos de abrigos, luvas e puchos, mesmo se atreveron a escorregar pola neve nun día con nubes e claros.

O Centro de Control de Tráfico do Noroeste confirmaba que se mantiña activo un aviso de precaución na estrada Lugo-633, a vía que vai dende o núcleo urbano de Pedrafita ata o alto do Cebreiro, que ao mediodía rexistraba xa unha cantidade salientable de vehículos dirixíndose cara ás paisaxes nevadas. No resto de autoestradas e vías principais a circulación é totalmente fluída.

As previsións de Meteogalicia para as vindeiras horas apuntan cara á progresiva desaparición das choivas, que na montaña de Lugo poderían ser en forma de neve por riba dos 700 metros de altura.

As xeadas e as baixas temperaturas desta madrugada que afectaron moitas partes de Galicia deixáronse notar especialmente na montaña de Ourense, con rexistros de máis de sete graos baixo cero en puntos da Veiga e Manzaneda. Precisamente neste último lugar moitos foron os que decidiron correr o frío aproveitando a nevarada para practicar a súa afección favorita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar