Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volveu o inverno: o termómetro baixou a case seis graos baixo cero na montaña de Ourense

Volveu o inverno: o termómetro baixou a case seis graos baixo cero na montaña de Ourense

A baixada das temperaturas nas últimas horas en toda Galicia devolveunos a un inverno que xa parecía superado

Segundo apuntan as previsións as temperaturas subirán algo na xornada do luns

Ourense rexistrou unha mínima de cero graos (TVG)
G24.gal 12/04/2026 16:49

Non se fala doutra cousa. A baixada das temperaturas nas últimas horas en toda Galicia devolveunos durante esta xornada a un inverno que xa parecía superado.

Os termómetros quedaron baixo cero en varias localidades a pasada madrugada. En Xinzo de Limia, por exemplo, houbo esta noite dous graos negativos. A mesma temperatura que no Rodicio, Baltar ou o Invernadoiro por exemplo.

En Calvos de Randín e Cabeza de Manzaneda a cousa foi aínda peor, con temperaturas descenderon ata os cinco graos e medio baixo cero. Moito frío esta noite en contraste ademais coas altas temperaturas rexistradas hai apenas dous días, cando xa semellaba que chegara o verán. Pero o certo é que para iso aínda queda, así que mellor non deixar moi lonxe, polo de agora, a roupa de abrigo.

As mínimas tamén se deixaron notar en Ourense ou Lalín por exemplo, onde quedaron case nos cero graos. Un baixo cero houbo en Lugo, e con dificultade superaron os dous en Santiago de Compostela

Segundo apuntan as previsións as temperaturas subirán algo na xornada do luns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade