O Domingo de Ramos estivo marcado polo vento e o frío en boa parte de España
En Cataluña oito pesoas quedaron feridas por elementos derrubados polo temporal
En Cataluña rexistráronse este domingo refachos de vento de máis de 168 quilómetros por hora. Oito persoas, dúas delas nenos, quedaron feridas por elementos derrubados polo temporal, que tamén obrigou a cortar algunhas estradas e servizos ferroviarios.
Venteou e segue venteando en moitos puntos de España, principalmente na metade leste da península e nas Baleares. Alí, o vento e o mar mantiveron os portos de Menorca pechados e os traxectos marítimos entre Mallorca e Barcelona anulados.
O día tamén estivo marcado polo descenso das temperaturas na maior parte do país. A serra da Tramontana, en Mallorca, amenceu cuberta de neve. É a nevarada máis importante que cae nesta serra en tres anos.
Para este luns prognostícase unha subida das máximas en case toda a península, pero a Aemet mantén avisos polo vento ou polo mal estado do mar en sete comunidades, entre elas as Canarias, que se van ver tamén afectadas pola calima nas illas máis orientais.