Publicador de contidos

Publicador de contidos

Madrugadas e mañás baixo cero e con néboas nas cidades de Lugo e Ourense

Madrugadas e mañás baixo cero e con néboas nas cidades de Lugo e Ourense

En Manzaneda, rozaron os 5 graos baixo cero, a temperatura mínima de Galicia

Tamén houbo xeadas e moito frío en lugares como Arzúa, onde baixaron ata os -2 graos

Pola contra, na cidade de Vigo gozaron dunha mañá de domingo de ceo despexado e solleiro

A locaslidade de Arzúa amenceu cunha boa xeada e a 2 graos baixo cero.
G24.gal 18/01/2026 15:00 Última actualización 18/01/2026 15:26

Unha masa de aire moi frío deixou unha noite e unha madrugada xélidas, especialmente nas zonas da montaña da provincia de Ourense. En Manzaneda, rozaron os 5 graos baixo cero, a temperatura mínima en Galicia.

Pero tamén houbo xeadas e moito frío en localidades do interior como Arzúa, onde o termómetro baixou ata os -2 graos. 

Unha friaxe que non impide os paseos de domingo, pero as primeiras horas estiveron marcadas pola mesta néboa na cidade de Lugo e tamén en Ourense. 

Un frío de xaneiro que no rural mantén as chemineas a pleno rendemento todo o día.  Con todo, os máis maiores lembran que era peor o inverno e o frío de antes.

E mentres entre o nubeiro vai saíndo o sol no interior, en Vigo gozaron xa dunha mañá de ceo despexado e luminoso. Unha xornada para aproveitar antes de que volva a chuvia.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade