Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta esíxelle a Transportes a construción dos dous taboleiros do viaduto da A-6 á vez

A Xunta esíxelle a Transportes a construción dos dous taboleiros do viaduto da A-6 á vez

A conselleira de Infraestruturas advirte de que se trata dunha infraestrutura "estratéxica" para Galicia polo que non se pode admitir que o sentido A Coruña non estea rematado ata 2028

Operarios e guindastres no viaduto da A-6 en Pedrafita
G24.gal 26/02/2023 19:42 Última actualización 26/02/2023 21:20

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, esixiulle este domingo ao Goberno que se reconstrúan simultaneamente os dous sentidos do viaduto do Castro en Lugo da A-6, que se derrubou en xuño de 2022.

Vázquez indicou que á vista do cronograma que manexa o Ministerio de Transportes a construción do taboleiro sentido A Coruña-Madrid podería estar finalizado a mediados de 2024, pero non así o de sentido Madrid-A Coruña, que podería non estar en uso ata o ano 2028.

"Trasládannos que o viaduto sentido A Coruña non é asunto de emerxencia, que é un asunto ordinario e que se realizarán os trámites correspondentes coma en calquera outra obra", afirmou a conselleira.

Engadiu neste sentido que "vemos como se contratan obras de emerxencia de reforzos de firme, pero non se contratan obras de emerxencia para a reconstrución total do viaduto da A-6".

"Iso é inasumible para Galicia, para a nosa competitividade, para as nosas empresas e para o noso turismo. Esiximos a construción simultánea de ambos os viadutos", destacou.

Para Ethel Vázquez "todo o acontecido co viaduto da A-6 o que vén confirmar é que había un informe que indicaba que había cuestións realmente preocupantes, e adoptáronse decisións que non eran acordes aos informes que trasladaban cuestións preocupantes".

Nas súas declaracións a conselleira referiuse tamén á saída sur de Vigo de alta velocidade ferroviaria e a conexión con Portugal, e neste sentido referiuse ás palabras da comisaria europea de Transportes sinalando que "é un proxecto que está moi verde e non estará en servizo no ano 2030".

Para a representante da Xunta, esta circunstancia "constata falta planificación e de implicación do Goberno de España con este proxecto".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade