Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cabeza de Manzaneda mantén pechadas as pistas de esquí a fin de semana

Cabeza de Manzaneda mantén pechadas as pistas de esquí a fin de semana

Moitos visitantes gozan da neve que queda na montaña de Ourense e de Lugo, sen aglomeracións
 

G24.gal 20/01/2023 20:02 Última actualización 20/01/2023 21:30

A soidade do cartel de benvida á estación de esquí de Cabeza de Manzaneda contrasta ca que ía ser unha fin de semana de cheo total, tanto de propietarios como de turistas. Destes últimos, a maioría anularon a reserva ao coñecer que as pistas de esquí van seguir pechadas por falta de neve.

A ledicia da aparición da neve durou pouco. A suba de temperaturas e a caída de moita chuvia aceleraron o desxeo dos 40 centímetros de espesor que había tras as pasadas nevaradas.

Os canóns de neve artificial non o poden facer todo. O domingo volven os graos negativos así que a reapertura pode estar preto. 

Con ou sen esquís, este venres achegouse xente abondo para desfrutar da neve adiantándose ás aglomeracións previstas na fin de semana na alta montaña de Ourense e de Lugo.

Ademais, agás en certos portos de alta montaña, as quitaneves traballaron arreo para ter as estradas ben limpas. Máis doado para achegármonos á montaña e romper coa rutina cotiá, ben abrigados, en plena natureza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade