O transporte ameaza con mobilizarse se os obrigan a acceder á meseta por Ourense
Tampouco ven viable circular en inverno polo novo desvío da A-6 en Pedrafita
Piden que lles deixen atravesar de novo polo pobo e usar a N-VI
Coas primeiras gotas sobre o asfalto o ascenso complícase. Un camión estivo a piques de quedar parado cando circulaba polo novo desvío da A-6 en Pedrafita, habilitado tras o colapso dun dos viadutos.
"Esvara moito e tedes que reducir marcha, e se vas cargado peor", conta un camioneiro. Outro engade: "O pavimento é moi liso porque se fose máis rugoso o camión non esvararía"
Ante o perigo deste treito pola súa pendente fai que moitos xa busquen outras vías coas que evitan este paso. "So pasei unha vez e xa me chegou, é ben perigoso. Agora collo a saída de Doncos e veño pola nacional", di un camioneiro.
É a ruta que os transportistas ven máis segura, pero que o Goberno non contempla porque suporía que de novo o tráfico pesado atravesara Pedrafita. E insiste en que cando haxa alerta por neve haberá que acceder á meseta por Ourense, pola N-120.
"É unha barbaridade, son moitos quilómetros, non das chegado a tempo a Benavente", asegura un camioneiro.
O sector agarda que dean marcha atrás e que finalmente non teñan que dar ese rodeo. De non ser así, avisa, volverán saír á rúa.