Publicador de contidos

Un ano da derruba da A-6: Galicia e Castela e León piden a Transportes a reconstrución simultánea dos viadutos

Un ano da derruba da A-6: Galicia e Castela e León piden a Transportes a reconstrución simultánea dos viadutos

Na véspera do aniversario do colapso da ponte do Castro, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e representantes do sector do transporte visitaron a zona

A Xunta e o Goberno de Castela e León acaban de enviarlle unha carta conxunta ao ministerio de Transportes na que insisten en que realicen as obras nas dúas pontes á vez para gañar tempo

G24.gal 06/06/2023 14:39

A A-6 é unhas das principais de vías de comunicación de Galicia coa meseta e leva un ano en obras, por mor da derruba do viaduto do Castro. As máquinas traballan e as previsións do Goberno son que o ano que vén se poida circular pola A-6 aínda que sexa por un carril.

A Xunta veo complicado tendo en conta o estado actual das obras ao facer unha visita esta mañá. Seguen reclamando que actúen de urxencia nas dúas pontes do viaduto de xeito simultáneo tanto en sentido Madrid coma en sentido A Coruña, pero finalmente realizan os traballos por separado. Pídenlle ao Goberno central que o reconsideren.

Afectado o sector de mercadorías, a loxística, a competitividade e a seguridade viaria en Galicia. Din os transportistas que levar un ano desviándose pola nacional é un auténtico pesadelo, e non só iso, estalles a afectar, din, economicamente, falan de millóns de euros.

Piden con urxencia ademais un desvío eficaz, útil e seguro mentres se prolonguen as obras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Publicador de contidos