Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os camións volven circular polo centro de Pedrafita

Os camións volven circular polo centro de Pedrafita

O desvío provisional pechouse pola folga de transporte o pasado domingo

Os camioneiros din que volver ao desvío será perigoso cando neve, e o delegado do Goberno convocounos o xoves para falar do tema

G24.gal 15/11/2022 21:09 Última actualización 15/11/2022 21:18

O tráfico pesado volve atravesar Pedrafita.  O desvío provisional que se habilitou hai dous meses á saída do túnel da vila non é accesible para os camións cando empece a nevar.

Ainda que non hai comunicación oficial, o desvío leva pechado desde onte a toda caste de vehículos. A Delegación do Goberno asegura que se tratou dun peche preventivo ante a folga do transporte. O próximo xoves reuniranse co sector  para concretar as medidas máis adecuadas con vistas ao inverno.

O ministerio propón, ademais, un desvío alternativo: utilizar a Nacional 120 polo Barco de Valdeorras se se chegase a pechar a estrada de Pedrafita por mor da neve. Unha opción que os transportistas rexeitan porque supón máis quilómetros, máis gasto e menos seguridade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade