Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno di que as obras do viaduto do Castro na A-6 rematarán este ano

O Goberno di que as obras do viaduto do Castro na A-6 rematarán este ano

O 7 de xuño de 2022 colapsou un taboleiro do viaduto e unha semana despois, o segundo
G24.gal 07/06/2023 13:00

Hoxe fai un ano do derrubamento do viaduto do Castro na A-6, a principal conexión de Galicia coa meseta por estrada. A vía continúa en obras 12 meses despois, entre as queixas de transportistas e veciños de Pedrafita polas incomodidades que lles xera

Eran as 10 da mañá do 7 de xuño do ano pasado cando un taboleiro do viaduto do Castro na A-6 en sentido A Coruña se derrubaba. Por sorte non houbo vítimas porque o treito estaba pechado por obras. Precisamente a conxunción deses traballos e a deficiencia dos mateirais puido ser, segundo os expertos a causa do derrubamento.

Unha semana despois caeu un segundo taboleiro. Quedou totalmente cortada a A-6 e o tráfico desviouse pola Nacional. Ao ser a principal via de comunicación por estrada de Galicia coa meseta fixo que absorvera unha densidade de circulación moi superior á sua capacidade. Comezou o pesadelo para os condutores, especialmente os camioneiros e para os veciños de Pedrafita.

Habilitouse a mediados de setembro un desvio provisional, pero a excesiva pendente supón un problema para os camións.

Os problemas estruturais do viaduto eran tan graves que se decidiu tirar abaixo toda a ponte. O mes pasado aínda se derrubou o último taboleiro que quedaba en pé. 12 meses despois seguen as obras de reconstrución.

O Goberno mantén a previsión de reabrir o tráfico no viaduto dirección Madrid con dobre sentido de circulación a finais deste ano. Os condutores son escépticos con eses prazos e demandan que se traballe nos dous viadutos á vez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade