Cargando resultados...
O remate da ponte festiva deixa neve no Cebreiro e Manzaneda
Precaución para circular polas zonas de alta montaña

G24.gal
11/12/2022 09:44
Última actualización 11/12/2022 12:43
Moita precaución se van circular polas zonas de alta montaña porque esta noite nevou en cotas altas. Caeron folerpas en Pedrafita do Cebreiro e Manzaneda.
Alí as temperaturas baixaron moito durante a noite e pode haber algo de neve na estrada e xeo. Prudencia, pois, nos desprazamentos por estas vías no último día da ponte festiva.
