Cargando resultados...
Semana Santa nevada na montaña galega
O Cebreiro nevado abraia a peregrinos e tamén a xente que se achega á aldea para ver a neve
G24.gal
19/04/2025 14:29
Última actualización 19/04/2025 21:21
Este ano a Semana Santa caracterizouse polo frío e as precipitacións que caeron, que na zona da montaña foron en forma de neve.
De feito, O Cebreiro amencía este Sábado Santo cuberto dun manto de neve que deixaba "abraiados" os peregrinos, moitos dos cales vían hoxe a neve por vez primeira.
As folerpas tamén engaiolaron os turistas que se achegaron ata esta aldea da montaña luguesa buscando a neve.