A apertura de Manzaneda foi un reclamo este Domingo de Pascua para deportistas e visitantes
A neve caída nos últimos días permite que Manzaneda poida prolongar a tempada de esquí esta fin de semana
Manzaneda abriu oito pistas que suman 6,2 quilómetros esquiables
As intensas nevadas das últimas horas na provincia de Ourense trouxeron boas noticias para os amantes do esquí. A situación meteorolóxica, con frío e precipitacións, permite que a estación de Manzaneda poida prolongar a tempada de esquí esta fin de semana.
Manzaneda anunciaba este sábado que abriría o domingo dúas pistas que teñen neve axeitada para a práctica do esquí e dos deportes de neve; as pistas Seixo e Fontefría. E a apertura das pistas ourensás foi un reclamo máis para rematar a Semana Santa.
Pero finalmente a intensa nevarada das últimas horas permitiu a apertura de oito pistas que suman 6,2 quilómetros esquiables, para ledicia dos visitantes, practicantes ou non deste deporte. Manzaneda recibiu centos de visitantes cunha torada de entre 5 e 10 centímetros de neve húmida de primavera. Funcionan catro dos seis remontes.
As previsións metereolóxicas anuncian para este domingo ceos anubrados, posibilidade de chuvia e refachos de vento. O vento podería complicar puntualmente o uso dos remontes.