Os camións non poderán circular por Pedrafita nos días de neve
Os camións non poderán circular por Pedrafita nos días de neve
Os vehículos pesados terán que desviarse polo corredor do Sil nas nevaradas
O traxecto incrementa unha hora a duración e 52 quilómetros a distancia
A estampa de camións circulando con neve por Pedrafita non se vai ver durante este inverno. O Ministerio de Transportes decidiu que os vehículos de gran carga non poderán acceder á zona nos días en que haxa nevarada. Preténdese así evitar que haxa máis problemas para o tráfico rodado nunha zona que xa leva vivindo unha saturación de vehículos dende a caída de parte do viaduto do Castro en xuño.
Cando neve, os camións terán que dar un rodeo de máis dunha hora para retomar a autovía, xa que estará prohibido que circulen no tramo entre a localidade leonesa de Toral de los Vados e a cidade de Lugo.
Son 50 quilómetros máis de percorrido e por estradas con menos prestacións. O incremento da distancia e do tempo influirá no consumo de combustible e iso non gusta aos camioneiros.
O traxecto os días de neve pasará á beira das localidades do Barco, A Rúa ou Sarria.