Publicador de contidos

Publicador de contidos

Camioneiros de Lugo celebran que o Goberno volva permitir circular por Pedrafita

Camioneiros de Lugo celebran que o Goberno volva permitir circular por Pedrafita

G24.gal 16/11/2022 09:30

Os camioneiros aplauden a decisión do Ministerio de Transportes de permitir que o tráfico pesado volva circular atravesando a vila de Pedrafita, deixando só pra vehículos lixeiros o ramal de desvío habilitado no verán, que presentaba unha forte pendente.

Na Asociación de Transportistas autónomos Río Miño de Lugo expresan tamén satisfacción porque o plan invernal que prohibía a circulación de camións pola A-6 entre Pedrafita e O Bierzo, e obrigaba a facer 55 quilómetros máis por Sarria e Valdeorras, quede agora nunha simple recomendación 

Dicíao na Radio Galega o presidente de AETRAM Diego Arias.

"Aplaudimos a decisión do Goberno de dar marcha atrás neste desvío, que era totalmente caótico para nós. Non podiamos andar facendo uns 60 quilómetros ao revés e perder hora e media en cada saída e entrada de Galicia. Non era viable".

"Sempre apostamos polo que se decidiu agora de que poidamos pasar pola vila de Pedrafita. Da máis mala, é a mellor para nós. Está claro que a ponte caeu e que por algún lado ten que pasar o tráfico. Nós cremos que para nós o mellor é pasar pola vila, que é por onde se pasou toda a vida".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade