Publicador de contidos

Contido con Xeográficas A Pobra do Caramiñal .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas A Pobra do Caramiñal .

A Pobra Do Caramiñal

O cadáver dun veciño da Pobra leva tres meses esperando a ser enterrado

19/04/2024 14:08

Nestes casos a lei di que é o Concello quen debe asumir os gastos do enterro


Imaxe do día 17 de abril da obra que un particular fixo no camiño do Rodel, na Pobra do Caramiñal

Veciños da Pobra do Caramiñal claman contra as obras de apropiación dun camiño público

18/04/2024 10:00

Son uns corenta prexudicados directamente que non poderían acceder aos seus terreos na Crocha de Levante

Denuncian o que consideran atropelo por parte dun veciño e quéixanse da falta de resposta á denuncia que presentaron no Concello hai seis mes


A Garda Civil detivo un veciño na Pobra do Caramiñal tras interceptarlle unha gran cantidade de heroína

11/04/2024 08:58

Os axentes interceptaron un individuo xusto despois de que este adquirise unha importante cantidade de droga para a súa distribución e no seu poder atoparon un total de 1.118 doses de heroína


Detidas cinco persoas por unha vaga de roubos na Pobra do Caramiñal

22/11/2023 10:04

Impútaselles a autoría de 25 delitos de roubo con forza nunha casa habitada, locais de hostalería (bares e restaurantes), vehículos e unha embarcación de pesca

A cuantía do material subtraído durante os roubos supera os 9.000 euros


As Carrouchas, na Pobra do Carmiñal, unha vida sen auga nin saneamento públicos

12/09/2023 14:51

Levan oito anos solicitando o servizo no Concello da Pobra do Caramiñal

A situación é insostible porque pola seca os seus pozos están secando

O Concello informa que para o próximo verán podería estar o servizo de auga


Boas expectativas de vendima no Barbanza, cun 15 % máis de produción

11/09/2023 13:51

Superaron os ataques de mildio e probaron a eficacia dunha rede contra velutinas

As cinco adegas da IXP Viños do Barbanza agardan vendimar uns 55.000 quilos


Un arroaz, pescando nunha praia da Pobra do Caramiñal

24/08/2023 12:54

Imaxes de golfiños pescando son difíciles de conseguir e menos a carón dos areais


Rouban por quinta vez nun bar do centro da Pobra do Caramiñal

13/07/2023 14:05

Os ladróns levaron os cartos das propinas, botellas de alcol e ata os ovos que había na cociña

O dono calcula que o botín anda polos 300 euros e di que o peor é ter que reparar os estragos que causaron ao entrar no local


Morre un home de 50 anos nun atropelo na Pobra do Caramiñal

12/05/2023 09:35

O condutor non o viu porque a vítima estaba tendida sobre o asfalto sen roupa reflectora

A autopsia determinará se o home sufrira unha indisposición previa ao atropelo


Concentración de barcos bateeiros na Pobra para reclamar unha solución ao conflito da mexilla

01/05/2023 14:53

Chegaron procedentes de todos os portos de Arousa para sumar na Pobra na súa demanda: que se retire a normativa que deixa en mans das confrarías a xestión da mexilla


Dous mozos atropelan un peón, caen ao río e foxen na Pobra do Caramiñal

02/04/2023 20:28

Perderon o control do vehículo e despois de varias voltas de campá levaron por diante un home


Afúndese un pesqueiro na Pobra do Caramiñal

22/02/2023 13:09

Os tres tripulantes foron rescatados ilesos por un bateeiro que traballaba na zona


O BNG presenta a candidatura nas municipais da Pobra

05/02/2023 21:44

Amparo Cerecedo será a cabeza da lista na localidade do Barbanza


O arrestado, de 68 anos, ingresou no cárcere

Ingresa no cárcere o acusado de incendiar a súa vivenda na Pobra coa parella dentro

14/01/2023 12:42

A muller, con problemas de mobilidade, tivo que ser rescatada das lapas

Os feitos están a ser investigados como un caso de violencia machista


Pasa a disposición xudicial o acusado de provocar un incendio nunha casa da Pobra do Caramiñal

13/01/2023 14:40

A Garda Civil segue coas pescudas do caso que se trata como violencia de xénero


Investigan por violencia machista o home da Pobra que incendiou a casa coa muller dentro

12/01/2023 20:51

O home está detido á espera de pasar á disposición do xulgado de Ribeira


Detido un home por prenderlle lume a casa na Pobra do Caramiñal coa muller dentro

12/01/2023 11:24

O caso está sendo investigado como violencia machista. O detido prendeu o lume cando a muller, impedida, xa estaba na cama

A propietaria que vive no primeiro andar foi a que alertou os servizos de emerxencias

En Vedra tamén se rexistrou un incendio provocado nunha vivenda

 


O bar que se compara cunha cidade, falando de luces de Nadal

26/12/2022 21:27

Din neste local da Pobra do Caramiñal que, mirando por metro cadrado, teñen máis luces ca Vigo


Voluntarios e axentes rurais recollen restos de fuel o 13 de decembro na Illa / EP

Segue a vixilancia na ría da Arousa pola presenza de manchas de fuel no litoral da Pobra

18/12/2022 10:12

Capitanía Marítima e Salvamento Maríitmo manteñen o nivel de emerxencia 1 na ría, malia que o volume dos restos de hidrocarburo detectados era de "escasa entidade"

Xa se retiraron os restos na enseada da Pobra

A Plataforma en Defensa da ría da Arousa pídelle ao Goberno e á Xunta información sobre a vertedura localizada o martes na Illa

 


O lume arrasa o interior dunha casa abandonada da Pobra do Caramiñal

16/12/2022 14:07

As lapas asomaban xa polas portas e ventás cando chegaron os efectivos de emerxencias

Temíase que unha persoa sen fogar que se instalara na vivenda puidese estar dentro


Material incautado na Pobra na operación

Desmantelan un punto de venda de droga coa detención dun veciño da Pobra

12/11/2022 12:21

A operación da Garda Civil de Boiro rematou co envío do arrestado ao cárcere

Os axentes incautáronse de dez quilos de pole de haxix e 156 doses de cocaína

 


Un enfermeiro no paro e un policía nacional sálvanlle a vida a un ancián que sufrira un infarto

04/11/2022 13:09

Reanimárono durante 20 minutos, ata que chegaron os servizos de emerxencias e lograron que recuperara o pulso

A familia do ancián agradece a súa acción providencial


Imaxe deste mércores no lugar preto do Castriño onde un veciño achou os restos óseos e téxtiles

Dan por seguro que os restos achadados en Cabío son do veciño desaparecido en 2008

02/11/2022 14:01

Crese que a variación da vexetación polo crecemento das árbores deixou ao descuberto o esqueleto do octoxenario da Pobra do Caramiñal desaparecido hai case quince anos 


Milleiros de fieis asisten na Pobra do Camariñal á procesión das mortallas

18/09/2022 13:59

A tradición de desfilar cos cadaleitos remóntase ao século XV

Este ano houbo catro féretros ofrecidos, menos ca noutras edicións


A farmacia quedou sen liña de teléfono fixo o 13 de agosto e días máis tarde sen servizo de datos

Usuarios da Pobra, farmacia incluída, levan sen Internet e sen teléfono fixo varias semanas

06/09/2022 14:06

As afectadas quéixanse da atención e da inacción da  operadora de Telefónica.


Refugallos na praia dos Raposiños arrastrados polo río Pedras na Pobra

Preoupación pola cinza do Barbanza que arrastra a choiva ao mar

06/09/2022 13:56

Haberá que esperar varios días para ver a afectación nos bancos marisqueiros

As confrarías da Pobra e Cabo de Cruz, vixiantes ante os sedimentos que arrastran os ríos


Flores para Diana Quer no sexto aniversario do seu asasinato

22/08/2022 20:26

O pai da moza madrileña pídelle ao alcalde da Pobra unha placa de recordo


Unha liorta nas festas da Pobra deixa varios feridos, entre eles un policía local

22/08/2022 14:36

O suceso produciuse nunha durante a madrugada do sábado, nos San Juerguines, paralelos á Festa do Carme


Nave de Asados, en Rianxo, onde apareceu o cadáver de Diana Quer /Arquivo

Seis anos do asasinato de Diana Quer: "Bicos e rosas ao ceo"

21/08/2022 09:31

Desapareceu en Boiro o 22 de agosto de 2016 tras pasar a noite nas festas da vila con amigos

A confesión do autor do crime, o Chicle, permitiu atopar o corpo da moza, o 17 de decembro de 2019, 500 días despois da desaparición nunha nave abandonada

 

 

 


Evolución favorable do lume na Barbanza, sen perigo para as vivendas

07/08/2022 21:08

Arderon 2.200 hectáreas entre os concellos de Boiro, Ribeira, A Pobra e Porto do Son

Os equipos de extinción céntranse agora en arrefriar as zonas xa queimadas


Evolución favorable do incendio na Barbanza tras queimar 2.200 hectáreas

07/08/2022 14:55

Os incendios activos en Galicia nas últimas xornadas levan arrasado 4.000 hectáreas

O da serra da Barbanza é o único que segue en situación 2, por prevención

O cámping de Oleiros en Ribeira intenta volver á normalidade co 50 % das reservas canceladas




O incendio de Boiro xa arrasou 1.200 hectáreas e obrigou a desaloxar 700 persoas dun cámping en Ribeira

06/08/2022 09:13

O lume pasou pola Pobra do Caramiñal e ameaza varias aldeas

Galicia suma máis de 35.000 hectáreas calcinadas polas lapas en 22 días

José González, conselleiro do Medio Rural: "Hai desalmados prendendo lume e vai haber detencións"

 



Ferida unha condutora nunha saída de vía na Pobra do Caramiñal

12/06/2022 19:55

O accidente, na autovía de Barbanza, acabou co coche envorcado na calzada

Aparentemente non rompeu ningún óso a pesar de que tiña medio corpo fóra do coche


A porta da vivienda en que se refuxiaban os asaltantes de bares da Pobra, pechada con cadeados este mércores

Desaloxados do seu refuxio os ladróns de bares na Pobra do Caramiñal

02/03/2022 13:56

Os hostaleiros, un deles con vinte asaltos sufridos, cren que volverán en calquera momento


A Garda Civil desartella o clan dos Fanchos na comarca da Barbanza

24/12/2021 10:38

Considérase desartellado un grupo criminal de lancheiros que introducía cocaína por vía marítima nas costas da Barbanza

A operación Arantes permitiu a detención de catro persoas residentes nas localidades de Boiro e A Pobra do Caramiñal, membros do coñecido clan dos Fanchos.


Dúas persoas feridas nunha saída de vía na Pobra do Caramiñal

04/12/2021 13:10

A estrada esvaradía puido influír en que o coche saíse fóra da vía e acabase batendo cunha vivenda


Deteñen dúas veciñas da Pobra do Caramiñal por tráfico de drogas

04/11/2021 16:11

Comisáronlles 43 doses de cocaína, 6 de heroína, 18 pastillas de metadona

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 41 resultados.