Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evolución favorable do incendio na Barbanza tras queimar 2.200 hectáreas

Evolución favorable do incendio na Barbanza tras queimar 2.200 hectáreas

Os incendios activos en Galicia nas últimas xornadas levan arrasado 4.000 hectáreas

O da serra da Barbanza é o único que segue en situación 2, por prevención

O cámping de Oleiros en Ribeira intenta volver á normalidade co 50 % das reservas canceladas

G24.gal 07/08/2022 14:55 Última actualización 07/08/2022 15:12

As lapas seguen a queimar a serra da Barbanza desde Boiro ata Ribeira, pero a evolución do lume é favorable. Os servizos de extinción informan de que está perimetrado e evoluciona cara á súa estabilización. A situación 2 segue activada como medida preventiva.

O fume deulle paso á brétema e con ela aliviouse a situación do incendio que comezou o xoves pasado en Cures, no concello de Boiro.

Segundo as últimas estimacións oficiais, arderon 2200 hectáreas, repartidas entre os  municipios de Boiro, Ribeira, Porto do Son e a Pobra.  Desde o miradoiro da Curota, o panorama é desolador.

A preocupación está agora nas consecuencias que pode ter a cinsa para os bancos marisqueiros da ría da Arousa.

No cámping de Oleiros, en Ribeira, onde desaloxaron 700 persoas hospedadas, intentan volver á normalidade.

Anuláronse o 50 por cento das reservas, pero os que decidiron volver, malia o susto vivido o venres, volven dispostos a seguir adiante coas súas vacacións.

No cámping arderon nove autocaravanas. Polo momento non teñen unha avaliación total dos danos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade