Publicador de contidos

Publicador de contidos

Usuarios da Pobra, farmacia incluída, levan sen Internet e sen teléfono fixo varias semanas

Usuarios da Pobra, farmacia incluída, levan sen Internet e sen teléfono fixo varias semanas

As afectadas quéixanse da atención e da inacción da  operadora de Telefónica.

A farmacia quedou sen liña de teléfono fixo o 13 de agosto e días máis tarde sen servizo de datos
G24.gal 06/09/2022 14:06

A actividade da farmacia da Devesa, na Pobra do Caramiñal, está condicionada por unha avaría do servizo de Telefónica desde o pasado 13 de agosto. Desde entón están sen liña de teléfono fixo e a súa titular tivo que empezar unha nova rutina: chamar acotío a avarías pedindo solución. Lonxe de arranxáreno, o problema foi en aumentou:

"O venres pasado, que nós entramos de garda, foise totalmente a liña de Internet. Non podemos cobrar, quedamos sen funcionamento nos TPV. E dixéronme que a mesma avaría afecta ao teléfono fixo", segundo explica María Abeijón, titular da farmacia.

María afirma que o seu abraio ante a resposta e o trato que recibe da compañía, neste caso, Movistar, foi a máis co paso dos días.

"O que me pregunto é como unha compañía como esta non dá unha solución tratándose dun negocio, porque ademais reiteramos a avaría e reiteramos que é unha farmacia, que necesitamos o  teléfono e que necesitamos a liña de ADSL. Eu sigo chamando todos os días ao 1002 e ao 1004 e todo, e paréceme incrible que non a chamaran, paréceme incrible que estea sen solucionar, pero todo queda en reiteramos avaría", di María Abeijón, titular da farmacia.

Unha tarefa similar teñen outras persoas da Pobra polo fallo telefónico que sofren desde agosto. Entre elas hai persoas moi maiores que teñen no teléfono fixo o elemento de conexión cotián cos familiares. Unha delas é Ángeles, que se queixa de que na Telefónica non lles fan caso cando chaman para dicir que segue sen servizo.

Esta mañá operarios contratados por Movistar empezaban a traballar, polo que nos dixeron, na reparación da avaría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade