Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milleiros de fieis asisten na Pobra do Camariñal á procesión das mortallas

Milleiros de fieis asisten na Pobra do Camariñal á procesión das mortallas

A tradición de desfilar cos cadaleitos remóntase ao século XV

Este ano houbo catro féretros ofrecidos, menos ca noutras edicións

G24.gal 18/09/2022 13:59 Última actualización 18/09/2022 14:25

Os féretros dos ofrecidos ao Nazareno van baleiros. Segundo a crenza popular, é o xeito de darlle as grazas por evitar a morte e recuperarse dunha grave enfermidade.

“Isto é por unha promesa, meu pai estivo moi maliño en Santiago, de chegar e dicirnos  que morría esa noite a estar na casa con 90 anos.”

A tradición mantense desde o século XV, cando o daquela rexedor decidiu desfilar así tras superar unha morte que semellaba inevitable. Milleiros de fieis seguen mantendo viva a procesión, aínda que este ano hai menos cadaleitos ca noutras edicións.

“Son poucos, eu teño o recordo de saíren vinte cadaleitos xa hai moito tempo. Foi decaendo e ultimamente estábase recuperando. No ano 2019 eran entre 7 e 9, e agardabamos agora que houbera máis”.

Detrás dos cadaleitos van o resto de ofrecidos, vestidos coas mortallas de cor morada e cunha candea prendida na man. 

“É o segundo ano que veño, estou ofrecida porque teño un cancro de pulmón e téñolle motísima devoción”.

“Veño todos os anos a traer a ofenda por min e polos meus”.

“Vimos por el, porque con tres aniños estivo moi grave e vimos darlle as grazas”.

“Eu estivera moi maliña, agora estou ben, e desde aquela veño sempre co hábito”.

“Vimos cumprir coa obriga e coa promesa que fixemos cando estivemos malos”.

A procesión percorreu as rúas da Pobra cunha asistencia que máis de cinco séculos despois segue a ser multitudinaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade