Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferida unha condutora nunha saída de vía na Pobra do Caramiñal

Ferida unha condutora nunha saída de vía na Pobra do Caramiñal

O accidente, na autovía de Barbanza, acabou co coche envorcado na calzada

Aparentemente non rompeu ningún óso a pesar de que tiña medio corpo fóra do coche

G24.gal 12/06/2022 19:55 Última actualización 12/06/2022 20:04

Impactante accidente na autovía de Barbanza na Pobra do Caramiñal, no que unha condutora resultou ferida. O coche foise da vía e envorcou logo de topar contra a mediana á altura do quilómetro 31.

O sinistro tivo lugar en sentido a Ribeira. Malia o aparatoso do accidente, a única ocupante do vehículo non tiña ningún óso roto. Quedou con medio corpo fóra do coche.

No accidente interviñeron os bombeiros de Ribeira e Boiro, así como Protección Civil da Pobra e a Garda Civil. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade