Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ofrenda das nais á Virxe de Fátima en Ourense

Ofrenda das nais á Virxe de Fátima en Ourense

O Santuario do Couto ateigouse de fieis con flores para pedir polos seus seres queridos: brancas, polos vivos, e vermellas, polos que xa non están

Unha tradición que aprenderon de xeracións pasadas e que intentan transmitir
G24.gal 12/05/2025 19:42 Última actualización 12/05/2025 20:44

É un dos actos máis emotivos da novena de Fátima, na cidade de Ourense. Nais e avoas erguen os ramos que lle ofrecen á Virxe para a procura de protección para os seus.

Flores brancas polos familiares vivos e vermellas en lembranza dos que xa faleceron. Unha tradición que aprenderon de xeracións pasadas e que intentan transmitir aos máis novos.

Tras a ofrenda, caraveis, rosas ou gladíolos servirán para adornar a carroza na que a imaxe da Virxe de Fátima sairá en procesión, como cada 13 de maio á noite, polas rúas de Ourense, unha das procesións máis multitudinarias da provincia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade