Publicador de contidos

Publicador de contidos

Viveiro celebra a Pascua de resurrección coas dúas últimas procesións

Viveiro celebra a Pascua de resurrección coas dúas últimas procesións

A representación do Encontro é o momento central deste domingo

Este ano estrease a imaxe de Nosa Señora da Alegría

G24.gal 05/04/2026 14:03

A procesión do Domingo de Pascua ao mediodía é das máis esperadas en Viveiro, con saída da igrexa de Santa María. 

"Moi emotiva, digna de visitar  cada ano, moi ben". "Extraordinaria, xa a coñecía pero inmellorable". "Todos os anos estamos aquí vendo estas procesións tan boas", declaran varios asistentes.

O momento central é a representación do Encontro, na praza Maior, coa intervención da Coral Polifónica Alborada. A novidade este ano foi a incorporación da imaxe de Nosa Señora da Alegría para substituír a Nosa Señora do Sagrado Corazón, unha talla do século dezanove, moi deteriorada pola couza.

"É todo un espectáculo, moi bonita"."Creo que é a festa máis grande de Viveiro, ten unha importancia enorme e vese con que alegría se fai. Encantoume", opinan outros asitentes.

A cita para a última procesión é as sete e media da tarde.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade