Publicador de contidos

Publicador de contidos

Segue a vixilancia na ría da Arousa pola presenza de manchas de fuel no litoral da Pobra

Segue a vixilancia na ría da Arousa pola presenza de manchas de fuel no litoral da Pobra

Capitanía Marítima e Salvamento Maríitmo manteñen o nivel de emerxencia 1 na ría, malia que o volume dos restos de hidrocarburo detectados era de "escasa entidade"

Xa se retiraron os restos na enseada da Pobra

A Plataforma en Defensa da ría da Arousa pídelle ao Goberno e á Xunta información sobre a vertedura localizada o martes na Illa

 

Voluntarios e axentes rurais recollen restos de fuel o 13 de decembro na Illa / EP Voluntarios e axentes rurais recollen restos de fuel o 13 de decembro na Illa / EP
G24.gal 18/12/2022 10:12 Última actualización 18/12/2022 11:26

A ría da Rousa segue a ser o escenario de novas aparicións de contaminación no mar. O sábado unha das praias da Pobra, a dos Areos, nas proximidades do embarcadoiro de Canalexas, amenceu con manchas oleaxinosas. Un operativo recolleu a totalidade do material en poucas horas.

A Consellería do Mar levantou o peche cautelar que decretou nun primeiro momento sobre tres polígono de bateas tras desbotar calquera situación de perigo.

Desde que o martes se constatou a chegada de restos de hidrocarburos á Illa, Salvamento Marítimo e a Xunta manteñen activos o Plan Marítimo Nacional e o Plan Camgal de detección e loita contra a contaminación.

As inspeccións realizadas o sábado por medios aéreos e acuáticos de Salvamento Marítimo detectaron na ría de Arousa restos de hidrocarburo na enseada da Pobra do Caramiñal, aínda que, segundo informou a Dirección Xeral da Mariña Mercante nun comunicado, son "de escasa entidade".

Confirmaron que manteñen o operativo de emerxencia de forma preventiva, que permanece activo desde que o martes partes se detectaran galletas de combustible na Illa de Arousa que proviñan do portacolectores WEC Vermeer, que realizou unha vertedura duns 150 litros de fuel a seis millas das illas Ons.

O avión de Salvamento AS102 sobrevoou o sábado a ría de Arousa para a detección de contaminación mariña.

Observou no leito da ría, entre A Illa de Arousa e A Pobra do Caramiñal, "o que pareceu nun primeiro momento un achado superficial", pero que "na segunda pasada non puido confirmarse desde o avión", polo que, "con alta probabilidade puido dispersarse de forma natural".

Tamén traballaron para atallar a contaminación unha embarcación auxiliar do buque Sebastián de Ocampo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, o buque María Pita cunha embarcación auxiliar e outra de Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade